
OS INFANTÍS GAÑARON O TORNEO DE ARZÚA
O pasado domingo o conxunto Infantil do C.F Cire de Melide desprazouse ata a vila veciña de Arzúa, para disputar o I Torneo Infantil de Fútbol-11 E.D.A (Escolas Deportivas de Fútbol de Arzúa).
O resultado non poido ser mellor para os nosos.
Pola mañá vencian por 4 a O o E.D.A "B" (conformado por rapaces da categoría alevín e adestrados polo xogador senior do Cire, Rubén "Popitas" ) e por 3 a 0 o equipo de Vila de Cruces.
A gran final foi as oito da tarde (pola fresca, despois de que os rapaces xantaran en Arzúa e disfrutaran das piscinas da vila do queixo) e o rival era o conxunto anfitrión do E.D Arzúa "A" adestrado por Popas, equipo ó que xa nos enfrontáramos na liga de Primeira Autonómcia Infantil esta tempada.
E o resultado final foi de 2 a 1, a prol da escadra dirixida por Rubén Lodeiro.
Os goles da final para os de Melide foron obra de Brais "Xavito".
Destacar a todo o equipo que competiu moi ben e o corpo técnico (Rubén, Pucha Sr, Pucha Jr,e Jorge), e destacar tamén a parada prodixiosa no último suspiro de Antonio que aseguraba o Torneo.
Noraboa os rapaces e noraboa tamén a organización que o está facendo moi ben nestas xornadas de fin de curso, como a de fai uns fins de semana co Torneo Pre e Benxamin.
